Normas de convocatoria en Galicia:
O estudantado que rexistrou el mesmo os seus datos persoais e académicos na Aplicación
Informática NERTA (estudantes que non fixeron os seus estudos anteriores en Galicia),
poderán corrixir os seus datos persoais e académicos e modificar as titulacións solicitadas e o
orde de solicitude mentres non finalice o prazo de preinscrición.
A partir do momento en que finalice o prazo de preinscrición non se poderá facer modificación
dos graos solicitados nin do orde de solicitude.
De todas formas, unha vez que finalice o prazo de solicitude, os/as solicitantes, especialmente
os que fixeron as PAU fóra de Galicia e gravaron eles as súas cualificacións, terán a obriga de
revisar os seus datos e cualificacións e, se teñen mal gravado algún dato, terán 2 días naturais
de prazo para comunicar a través do formulario que figurará na páxina Web da CiUG, os erros
que detecten. No caso do estudantado de Bacharelato Europeo, Bacharelato Internacional,
Estudantado Estranxeiro, etc, é indispensable que revise a Nota da Credencial UNED ou Nota
de Homologación; o estudantado de Bacharelato a Cualificación do expediente, Cualificación
da parte xeral e Cualificación CAU (60%Expediente + 40%Fase parte xeral); o estudantado de
CFGS de FP a Nota Media do Expediente do Ciclo Formativo de Grao Superior que será a súa
Cualificación de Acceso á Universidade (CAU). Así mesmo todo o estudantado debe revisar as
súas cualificacións da Parte voluntaria e/ou Cualificacións das probas de Competencias
Específicas da UNED.
Finalizado este proceso darase por pechado o proceso de rectificación de datos e non
se admitirán reclamacións posteriores. Se, como consecuencia do proceso de Revisión
das cualificacións, previsto no Art. 20 do Real Decreto 534/2024, de 11 de xuño, cambiase
algunha das súas cualificacións con posterioridade, o estudantado afectado terá un
prazo adicional de 3 días naturais para comunicalo.
O feito de figurar na relación de admitidos non presupón que se lle recoñeza á persoa interesada
a posesión dos requisitos esixidos no procedemento regulado na presente convocatoria ata
que, unha vez efectuada a matrícula, se proceda pola universidade correspondente á
comprobación da documentación. Esta comprobación desenvolverase ao longo de todo o curso
e se da mesma se desprende que non reúne algún dos requisitos ou non cumpre os criterios
establecidos, a persoa solicitante decaerá en todos os dereitos que puideran derivarse da
participación neste procedemento, procedéndose á anulación da admisión, matrícula e demais
actos derivados, previa Resolución notificada ao efecto.
Podéis consultar las normas de convocatoria completa entrando en Nerta y en la página de inicio pone Convocatoria, clicais encima y se puede descargar.
Si necesitáis q os traduzca algo decidme.