- Matriculado: o estudante formalizou a matrícula na ensinanza universitaria.
- Convocado: o estudante está convocado a matricularse na ensinanza universitaria no prazo seleccionado.
- En espera. o estudante está agardando a que o convoquen a matricularse na ensinanza universitaria.
- Liberado: o estudante non formalizou a matrícula ou está matriculado ou convocado nunha ensinanza universitaria con mellor preferencia.
- Non matriculado: o estudante foi convocado nun prazo anterior na súa ensinanza universitaria de 1ª preferencia e non se matriculou
- Non acceso: o estudante non cumpre as condicións para acceder a esa ensinanza universitaria, non ten a proba de acceso a esa ensinanza universitaria, sobrepasou o número de ensinanzas universitarias solicitadas, ...
- Pechada: a ensinanza universitaria está pechada e non ten posibilidade de estar convocado nela.