Normativa en materias de libre elección
Todas as materias de libre elección teñen límite de prazas, que figura na guía de matrícula, polo que a matrícula ten carácter provisional.
Se o número de matriculados é superior á oferta de prazas, procederase a facer unha selección por orde de nota media de expediente.
Cando a ocupación supere o 75% das prazas ofertadas faranse públicas as listas de matriculados por orde de nota media de expediente.
Se a ocupación supera o 100% non se admitirá ampliar a matrícula nesas materias no primeiro período de modificación (do 22 ao 31 de outubro), pero si a anulación por parte do alumnos matriculados.
O proceso de selección farase logo de rematado o primeiro periodo de modificación de matrícula.
Os alumnos que non obteñan praza terán que modificar a súa matrícula: anularase a matrícula nesa materia e poderán matricularse noutra nas que existan prazas vacantes.
Os que obteñan praza non poderán dar de baixa estas materias, logo do proceso de selección, aínda que sexan materias do segundo cuadrimestre.
O número de materias nas que é necesario facer unha selección é moi reducido (no curso 2006/07 foron sobre 70 materias sobre o total das ofertadas). Para coñecer a evolución da demanda, pode consultarse na páxina
http://www.usc.es/libre elección 2007.