TUI (Tarxeta Universitaria de identificación)

Estás Viendo:
TUI (Tarxeta Universitaria de identificación)

liljozee

Nuevo Miembro
Hola a todos! Como aún no estoy acostumbrado a la universidad no se donde hay que solicitar la TUI. ¿Alguien me podría decir el nombre y número de la calle donde estén las oficinas para solicitarla?
Gracias de antemano
 
como siempre la respuesta en la web de la usc

http://www.usc.es/tui/
http://www.usc.es/gl/servizos/tui/faqs.jsp
Preguntas e respostas máis frecuentes

Onde solicito a TUI?
Nas oficinas que o banco Santander Central Hispano ten na Universidade, levando unha fotografía recente.

Onde recollo a TUI?
Na mesma oficina na que a solicitaches. Se a tarxeta e mixta (leva conta bancaria asociada), será enviada ao teu domicilio.

Teño que solicitar a TUI cada ano?
Non, non fai falla, aínda que cambies de carreira, pero se o desexas podes facelo cando queiras, tanto se é simple como se é mixta.

Qué fago no caso de perda, roubo, extravío da tarxeta ou se non a recibín?
Diríxete ás oficinas que o Santander Central Hispano ten no teu campus. Se tes conta asociada ó SCH, podes chamar ao número 902 2424 24 as 24h.

Canto tarda en chegar a TUI?
Desde que a solicitas ata que a recibes, pode transcorrer unha media de 20 días.
Se é un duplicado por perda, roubo ou extravío, 10 días aproximadamente.

Son PAS ou PDI e teño aínda unha tarxeta de estudiante. Que debo facer para ter unha da miña categoría coa que poida acceder aos aparcadoiros?:
Envíe un correo electrónico a [email protected] indicando o seu DNI, nome, categoría e tipo de contrato.

Fun ao PIU e díxome que a tarxeta non estaba dotada de chip sen contacto. Que fago?
Cubra o formulario de reclamación en http://www3.usc.es/USCincidencias

O PIU dime que non teño dereito ao acceso aos aparcadoiros, cando non é certo. Que fago?
Cubra o formulario de reclamación en http://www3.usc.es/USCincidencias

Perdín a tarxeta que tiña activada para os aparcadoiros. Que fago?
Solicitar unha nova na sucursal do SCH do seu campus. Cando reciba a nova tarxeta, deberá activala no PIU, co cal dará de baixa a outra.

Que fago coa tarxeta antiga?
Pode destruíla, pois non serve para entrar nos aparcadoiros

Que ocorrerá se non activo no PIU a tarxeta?
Non poderá acceder aos aparcadoiros

y las oficinas del santander en la usc si no las han cambiado
estaban
en el campus norte (medicina) en la entrada de la facultad de economicas (que esta al lado del auditorio, UXA)

en el campus sur en el COIE

saludos
 
Atrás
Arriba