Icono del sitio casiMedicos | Estudiantes Medicina, Médicos, Examen MIR

2ª XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA FUTUROS RESIDENTES Vigo

7 de marzo de 2019

PRESENTACIÓN
As xornadas de portas abertas deseñáronse para ofrecer información aos futuros residentes sobre a actividade asistencial, docente e de investigación que se realiza na EOXI Vigo.
Estas xornadas realízanse coa colaboración de titores e actuais residentes das diferentes especialidades, que facilitarán información máis directa sobre o día a día do seu labor asistencial.
Todo iso persegue o obxectivo de mostrar ao futuro residente as actividades máis destacadas do Hospital, os programas formativos, a supervisión e titorización nas nosas Unidades e a súa práctica clínica habitual; ademais de resolverlles as dúbidas que poidan presentar e axudarlles na súa elección de praza.
Por este motivo, os eixos básicos da Xornada consisten nunha reunión cos representantes dos residentes e visitas aos diferentes servizos.
Benvidos

PROGRAMA

Lugar: Salón de Actos do Hospital Álvaro Cunqueiro

A EOXI de Vigo é a estrutura organizativa do Servizo Galego de Saúde que integra a xestión da atención primaria e hospitalaria da área sanitaria.
O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), que centraliza as prestacións especializadas, está composto polo Hospital Álvaro Cunqueiro, Hospital Meixoeiro, e o Hospital Nicolás Peña.
Con 1.269 camas instaladas, ofrece cobertura dentro da contorna da libre elección de Galicia a unha área de 565.035 habitantes desta cidade e a súa área de influencia.
A EOXI de Vigo tamén conta con 45 centros de saúde, 8 consultorios e 10 Puntos de Atención continuada.
A comisión de Docencia supervisa o programa formativo de todos os internos residentes, velando por que alcancen os coñecementos e habilidades necesarios para un excelente exercicio da especialidade.
DIRECCIÓN
Estrada Clara Campoamor, nº 341 36312 Vigo Teléfono: 986 81 11 11 Para máis información contactar coa Secretaria da Comisión de Docencia: Noemí González Conde Teléfono: 986 217 659 noemi.gonzalez.conde@sergas.es

Consulta nuestra recopilación de Jornadas Informativas para Residentes MIR, FIR, PIR y EIR.
Si conoces alguna Jornada que no se encuentra incluida, te pedimos por favor que nos lo hagas saber para poder añadirla. Envíanos el enlace, folleto o información de las jornadas y las incluiremos.

Salir de la versión móvil